As mulleres sempre tiveron un papel importante no mundo do mar. Non sempre recoñecido pero si fundamental.
Empezando polas redeiras, sin as cales non serìa posible que os barcos sairan ao mar. Dende antaño elas son as encargadas de armar e reparar as distintas artes de pesca como volantas, palangre, cerco, miños, empate de anzuelos etc.
Traballo moi laborioso e pouco remunerado,xa que hai moito que darlle as màns e dedicar moitas horas para sacar un salario.
Unha vez chegan os barcos de marea coas capturas para a sùa venta,comeza o papel das empacadoras ou clasificadoras de peixe. Estas mulleres traballan sempre pola noite clasificando o peixe dos barcos do pincho, volanta e arrastreros de altura.
A sùa labor consiste en clasificar as distintas especies como merluza, palometa, besugo, congrio, bertorella etc. por tamaño e frescura. Situadas entre o barco e a lonxa, moitas veces con climatoloxìa adbersa: frìo, chuvia ou vento, e aìnda asì o traballo està sempre listo para a hora da rula ou venta. Unha labor que require destreza, esforzo, concentración e que tampouco està pagado como debera.
Por outro lado estàn as mariscadoras que tanto veràn como inverno, apetrechadas coas sùas vestimentas, rastrillos e demais utensilios, achèganse às praias coincidindo coa marea baixa e man a man van rastrilleando a area para coller exemplares como distintas clases de ameixa, berberecho......que elas mesmas clasifican o tamaño permitido para levar à lonxa. Este è outro exemplo de traballo moi duro que chovendo ou quentando o sol, metidas na auga, pasan horas intentando recolleitar o cupo permitido que teñen por dìa.
Tampouco podemos esquecernos das percebeiras que se xogan a vida entre o mar e as rochas.
Traballos heredados de nais a fillas en moitos dos casos.
Descendentes de familias mariñeiras como è o meu caso, estos son exemplos de distintos traballos nos que a muller ten un papel fundamental no sector do mar.
E aìnda que nos ùltimos anos se melloraron moito as condiciòns de traballo e se nos deu mais visibilidade, falta moito camiño por percorrer.
Traballadoras incansables, loitadoras e con moito amor ao mar.
por:Begoña Pernas Pernas